Plataforma de teleformación de CCOO Ensino
-
Benvido/a á Plataforma de teleformación de CCOO Ensino!
Queremos darche a benvida á nosa comunidade educativa en liña. A nosa plataforma foi deseñada co propósito de ofrecer un espazo accesible e flexible para o teu desenvolvemento profesional e persoal. En CCOO Ensino estamos comprometidos con proporcionar unha formación de calidade que responda ás expectativas dos e das docentes.
Queres matricularte nalgún curso? Visita a nosa páxina web, onde atoparás toda a información necesaria sobre os cursos dispoñibles, incluíndo os contidos, a duración e os requisitos, se os houber. Unha vez que atopes o curso que mellor se axuste ás túas necesidades e intereses, no proceso de matriculación proporcionaráseche acceso a esta plataforma.
Se tes algunha dúbida sobre a forma de rexistro, os cursos dispoñibles ou calquera outro aspecto relacionado coa plataforma, por favor, non dubides en poñerte en contacto connosco a través do formulario de contacto.Grazas por escollernos para sermos parte da túa formación e desenvolvemento!
